Estamos a levar a cabo catro obradoiros: un de expresión, outro de comprensión, outro de ortografía e un último de gramática.
A maiores, en colaboración coa mestra de Lengua e a mestra de Inglés, realizamos miniproxectos ao longo do curso. Por exemplo, neste Segundo Trimestre, estamos montando unha revista dixital.
A continuación, comentarei como suxeriría aos meus alumnos/as a elaboración do seu portafolios orixinal para esta materia:
- Que plataforma vas utilizar (Blogger, Google Sites,...)?
- Que seccións obrigatorias debe ter o e-portafolios?
Os seus portafolios deben ter as seguintes seccións obligatorias:
- Presentación.
- Carta para o lector
- Obxectivos.
- Evidencias.
- Avaliación. Autoavaliación e coavaliación. Listas de cotexo e rúbricas do docente e do alumno/a.
- Reflexión.
- Propostas de mellora.
- É un portafolios individual ou de grupo?
Tratase dun portafolios individual xa que, aínda que moitas das actividades que realicemos na aula serán en grupos cooperativos; haberá algunhas individuais. Polo tanto, será mellor que cada un/ha teña o seu propio protafolio, para así ver mellor a súa evolución.
- Con que periodicidade débese actualizar?
Semanalmente, xa que todas as semanas realizamos tarefas na aula que poden incluír.
- Que produto debe incluírse en cada unha das fases?
Unha foto, vídeo ou documento.
- Que guías de axuda á realización do e-portafolios necesitarías?
Boa tarde Lorena, quería enviarche a miña máis sinceira noraboa polo traballo realizado.
ResponderEliminarGústame o teu portafolios por tres razón:
1.- Paréceme un portafolio sinxelo e fácil de seguir.
2.- Presenta estructura.
3.- Inclúes imaxes e videos que facilitan a comprensión.
Como aspectos a mellorar:
1.- Quizáis incluiría una pestana referente á avaliación e ós instrumentos e recursos que utilizarías.
2.- Tamén incluiría unha de resumo para acceder de forma xeral o teu portafolio.
Por último, xa un comentario máis persoal, sería cambiar a cor do fondo do portafolio, faise demasiado escuro e ás veces dificulta a lectura (a lo mellor é a miña vista, non a cor do fondo).
Noraboa!!!
Un saúdo.
Sandra Albor