domingo, 12 de febrero de 2017

ANÁLISE DUN EXEMPLO DE PORTAFOLIO DOCENTE.

No enlace que comparto ao final desta entrada atopamos un portafolio dunha mestra de Relixión. Elexín este portafolio como exemplo porque, a pesar de non estar moi a favor da asignatura de Relixión, me parece que esta mestra fixo un traballo moi bo. Trátase dun portafolio moi completo e moi visual.
Tres aspectos positivos a destacar serían os seguintes:
  • Diseño: ten un diseño moi sinxelo e fácil de entender, moi ben organizado.
  • Contido: moi completo, xa que ademáis de ensinar diferentes evidencias do traballo e enlazar a diversos blogues do profesorado e dos alumnos/as; ten varios apartados nos que fala sobre o PEL, as vantaxes e inconvintes do Portafolios, etc.
  • Variedade: ten moitos recursos útiles e variados, incluíndo o traballo en valores, cun proxecto sobre os Refuxiados, traballando moito as saídas escolares, etc.
Dous aspectos que poderían mellorarse poderían ser:
  • Avaliación: non atopo ningunha referencia á avaliación da súa práctica docente, nin do portafolios en sí.
  • Presentación e Currículum: tamén se bota en falta unha presentación completa e un currículum da propia mestra.
Lle suxeriría que completase o seu portafolios cunha páxina de presentación dela mesma, co seu currículum e os seus obxectivos. E que engadise tamén un apartado de Avaliación, pode que incluíndo algunha rúbrica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario