domingo, 12 de febrero de 2017

PROPOSTA DUN E-PORTAFOLIOS DO ESTUDANTE.

A materia de Lingua Galega está enfocada este curso a partir de obradoiros. Non temos libro de texto, o que nos da liberdade para deseñar as nosas propias actividades, sempre a apartir do currículum.
Estamos a levar a cabo catro obradoiros: un de expresión, outro de comprensión, outro de ortografía e un último de gramática.
A maiores, en colaboración coa mestra de Lengua e a mestra de Inglés, realizamos miniproxectos ao longo do curso. Por exemplo, neste Segundo Trimestre, estamos montando unha revista dixital.
A continuación, comentarei como suxeriría aos meus alumnos/as a elaboración do seu portafolios orixinal para esta materia:
  •  Que plataforma vas utilizar (Blogger, Google Sites,...)?
Como plataforma para introducilos no mundo dos blogues, lles recomendaría Blogger, xa que ten un deseño moi intuitivo e fácil de manexar.


  •     Que seccións obrigatorias debe ter o e-portafolios?

Os seus portafolios deben ter as seguintes seccións obligatorias:


  1.  Presentación.
  2.  Carta para o lector 
  3.  Obxectivos.
  4.  Evidencias.
  5.  Avaliación. Autoavaliación e coavaliación. Listas de cotexo e rúbricas do docente e do alumno/a.
  6.  Reflexión.
  7.  Propostas de mellora.

  •  É un portafolios individual ou de grupo?

Tratase dun portafolios individual xa que, aínda que moitas das actividades que realicemos na aula serán en grupos cooperativos; haberá algunhas individuais. Polo tanto, será mellor que cada un/ha teña o seu propio protafolio, para así ver mellor a súa evolución.
  •  Con que periodicidade débese actualizar?

Semanalmente, xa que todas as semanas realizamos tarefas na aula que poden incluír.
  •     Que produto debe incluírse en cada unha das fases?
Unha foto, vídeo ou documento.
  •     Que guías de axuda á realización do e-portafolios necesitarías? 
Xa que os meus alumnos/as nunca crearon un blogue eles/as sós, necesitarían unha guía de funcionamento de Blogger, para comezar.

1 comentario:

  1. Boa tarde Lorena, quería enviarche a miña máis sinceira noraboa polo traballo realizado.
    Gústame o teu portafolios por tres razón:
    1.- Paréceme un portafolio sinxelo e fácil de seguir.
    2.- Presenta estructura.
    3.- Inclúes imaxes e videos que facilitan a comprensión.

    Como aspectos a mellorar:
    1.- Quizáis incluiría una pestana referente á avaliación e ós instrumentos e recursos que utilizarías.
    2.- Tamén incluiría unha de resumo para acceder de forma xeral o teu portafolio.

    Por último, xa un comentario máis persoal, sería cambiar a cor do fondo do portafolio, faise demasiado escuro e ás veces dificulta a lectura (a lo mellor é a miña vista, non a cor do fondo).
    Noraboa!!!
    Un saúdo.

    Sandra Albor

    ResponderEliminar