O meu nome é Lorena Ferreiro Santos. Son mestra especialista en Lingua Inglesa, diplomada pola USC, Campus de Lugo.
Na miña experiencia docente pasei por máis de 28 colexios, a meirande parte centros públicos das catro provincias galegas, e un centro concentrado de Lugo.
Traballei en distintos ámbitos como relato a continuación:
Traballei en distintos ámbitos como relato a continuación:
- Mestra de E. Primaria.
- Especialista de Inglés.
- Mestra CLIL dando a materia de Arts en Inglés 3 cursos.
- Mestra de PROA en dúas ocasións, e coordinadora de PROA durante un curso
- Coordinadora de Dinamización da Lingua Galega no CRA Nosa Señora do Faro. Nese curso conseguimos o Primeiro Premio en Innovación Educativa no concurso Imaxina Cantares.
- Coordinadora de TICs durante dous cursos, no CEIP Conmeniño e CPIP Cabo da Area.
- Mestra implicada no Proxecto Commenius, no curso 2012-2013.
Son mestra de vocación, pero tamén estudante; xa que me encanta estar en constante formación, aprendendo metodoloxías novas, recursos innovadores. Por iso é, que sempre aproveito para apuntarme aos cursos que a miña axenda me permite.
De alma viaxeira, xa que aproveito tódalas datas de descanso para facer pequenas ou grande escapadas. Levo recorridos 13 países diferentes, en 4 dos 5 continentes. E con ganas e ilusión de que a monotonía da vida non me leve a deixar atrás esta paixón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario